O concello de Ribadavia anuncia axudas para vivenda a persoas en emerxencia social

O Boletín  Oficial da Provincia publica hoxe de xeito definitivo a ordenanza reguladora de axuda económica municipal para a atención de necesidades de emerxencia social relacionada coa vivenda.

Os beneficiarios son persoas individuais, unidades de familia e/ou Os solicitantes das axudas deben ser maior de 18 anos ou estar emancipado legalmente, estar empadroado no Concello de Ribadavia cunha antelación mínima de 6 meses anteriores á solicitude, aceptación expresa, por parte do usuario, das condicións que figuren no proxecto de intervención social e laboral individual ou familiar, que o cómputo total dos ingresos mensuais da unidade familiar non sexa superiores a para as familias de 1 membro: 484€; para as familias de 2 membros: 590€, para as familia de 3 membros: 644€ e para as familias de 4 ou máis membros: 698€

AVANTAR ACTIVIDADES

A documentación que deberán presentar os solicitantes pode consultarse completa na páxina web do concello de Ribadavia. A resolución correspóndelle á Xunta de Goberno Local, que deberá producirse no prazo máximo dun mes dende a data de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ribadavia.