A Policía comenzará a sancionar ós que non cumpran as medidas restritivas vixentes

O xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, anunciaba que dende a xornada de hoxe, as persoas que non cumpran cas medidas da normativa vixente que teñen ó Carballiño en nivel 3 de alerta, serán multadas. Asegura que durante esta fin de semana realizaron labores de información das novas medidas, sen chegar aínda a tomar medidas legais. Considera que é un tempo prudente para que toda a cidadanía saiba cales son as restricións.

Ante a suba de casos e a situación actual á que se enfronta o concello, a Policía Local prepárase dende a pasada semana ante a posibilidade de restricións na mobilidade, medida que se poñerá en marcha na xornada de mañá. Asegura que os efectivos que ten actualmente son moi escasos para afrontar esta situación.

AVANTAR ACTIVIDADES