Sanidade finaliza a 1ª parte do seu estudo autonómico para analizar a circulación do Covid-19

SANIDADE FINALIZA A PRIMEIRA PARTE DO SEU ESTUDO AUTONÓMICO DE SEROPREVALENCIA PARA ANALIZAR A CIRCULACIÓN DO COVID-19

Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta primeira oleada, obtiveronse mostras de 50.925 persoas.

Na comarca do Carballiño fixose esta proba voluntaria a 675 persoas, e na do Ribeiro a 377. A falta de resultados definitivos, cando xa se realizou mais dun tercio das probas, só dera positivo en anticorpos de coronavirus unha persoa, que tamén deu positivo na PCR, é decir, tiña a enfermidade activa. Desto despréndese que a pandemia de coronavirus ten moi pouca incidencia na nosa zona, non chega nin a o 1%. A pesar de ser un dato positivo, tamén ten unha lectura negativa, en caso de rebrote ou de que se produza un foco de contaxio a poboación non está inmunizada.

Os obxectivos deste estudo realizado polo departamento sanitario galego son os de estimar a prevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia, nas súas comarcas ou grupos de comarcas e nos concellos; así como explorar a prevalencia da inmunidade fronte ao coronavirus por sexo e grandes grupos de idade, ademais de monitorizar a evolución da epidemia no tempo, coa recollida de información en dúas ondas.

Este estudo tamén posibilitará adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas; e poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.