O PSOE do Ribeiro critica un uso ineficaz da maquinaria da Macomunidade

O PSOE asegura que a Mancomunidade ten 4 desbrozadoras, 2 motobombas, 1 multilif ata a data substituído por un novo, 1 pala e un tractor. En total, todas estas máquinas teñen dispoñibles 2.160 días laborables cada ano e en 2017 a Mancomunidade só puido xustificar oficialmente, entre todos, 352 días.

Publicidade

Estas máquinas supoñen gastos significativos que todos soportan, como persoal, reparacións ordinarias e extraordinarias, consumo de gasóleo, operación, seguro de vehículos e gastos xerais.

Os voceiros socialistas da comarca afirman que a eficacia e eficiencia coa que a Mancomunidade xestiona os recursos públicos non se axustan á realidade económica e social dos veciños.