Terá lugar o mércores 8 do presente novembro, ás 12,00 hs, na Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño).
A obra do recoñecido pintor, gravador e muralista Antón Pulido ( Bóveda de Amoeiro, 1944) é o primeiro vitral a toda cor e de grandes dimensións que se instala na Insua dos Poetas. Unha peza singular e de avangarda que harmoniza e dialoga co verdor do espazo natural do seu entorno ( castiñeiros e carballos) titulada Kermesse para Arcadio. Unha homenaxe pictórica de Antón Pulido ó poeta, profesor e investigador Arcadio López-Casanova ( Lugo, 1942-Valencia, 2022).
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------