Música e moita diversión na velada para observar o eclipse solar na Área Termal de Punxín

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A velada organizada polo Concello de Punxín na tarde de onte co fin de desfrutar de xeito lúdico e divertido da observación do eclipse solar acadou un importante éxito de afluencia á Area Termal de O Bañiño.

As actividades desenvolvéronse nesta paraxe ao carón do río Barbantiño cunha sesión musical a cargo dun DJ e a posta en servizo do bar habilitado na contorna das piscinas termais e que dispón dun espazo para este tipo de eventos.

Os asistentes tamén tiveron a oportunidade de desprazarse ata o Monte de San Trocado, e ver o eclipse dende o seu cumio, para logo regresar ata a zona termal e continuar a diversión.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------