Comezan os cursos de formación industrial do Programa Integrado de Emprego

IES CHAMOSO LAMAS

Onte diu comezo o curso de formación industrial sobre soldadura do Programa Integrado de Emprego. Participan 43 alumnos e serán en total 286 horas, repartidas entre iniciación (30 horas), perfeccionamento (156 horas) e prácticas profesionais non laborais (100 horas).

Son os últimos cursos de formación do Programa Integrado de Emprego do Carballiño 2019/2020, que subvenciona a Xunta de Galicia, e que contou con cursos de formación en informática, manipulación de alimentos, operario de carretilla elevadora, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, márketing dixital e atención ao cliente. En total o número de participantes foi de 100 persoas.

HIPER MASIDE

A realización dos cursos de soldadura tivo un retraso de varios meses debido ás circunstancias acontecidas pola pandemia do coronavirus, así como por outros condicionantes de índole administrativo.

COLECTIVOS VULNERABLES E INMIGRANTES

Así mesmo, estase a levar a cabo pola fundación Impulsarse de Vigo, a través dos programas Atria e Jana, dous programas de orientación laboral e formación para o emprego destinados a colectivos vulnerables e inmigrantes do municipio do Carballiño.

A Fundación Impulsarse, coa colaboración do concello do Carballiño, e baixo as directrices do II Plan de Inclusión Social da Xunta de Galicia, realiza sendos proxectos de orientación laboral para unas 20 persoas, onde, entre outras materias, danse técnicas de busca activa de emprego, alfabetización dixital e operacións auxiliares en industrias manufactureiras. Tamén está previsto un curso de formación en competencias clave e lingua galega para outro grupo de 10 persoas.

Estes cursos de formación diron comezo onte, día 13 de outubro, e rematarán o 30 de novembro.