O BNG de Castrelo de Miño alerta de que continúan os problemas de arsénico

Casa do Concello de Castrelo de Miño.
Publicidade ASPADISI

Dende o BNG de Castrelo de Miño levan tempo advertindo de que non hai boa comunicación entre os socios de goberno,cos traballadores municipais e coa empresa concesionaria da Deputación de Ourense, Aquaourense.

Aseguran que dende hai máis dunha semana que a parroquia de Santa María volve estar sen subministro de auga potable, e aseguran que dende o goberno lle botan a culpa a defectos de instalación nos filtros de arsénico, que gobernos do BNG solicitaron á deputación, e esta, se comprometeu a instalar.

HIPER MASIDE

En maio do 2020, quedaba solucionado o problema coa cesión por parte da Deputación provincial dun filtro de arsénico, e instalou Aquaourense. No convenio asinado co concello, reflectíase que os filtros son propiedade da deputación, e se ceden ao concello de Castrelo de Miño, e que o concello, tense que facer cargo do mantemento dos mesmos.

Aseguran dende o BNG que agora non filtra o arsénico, polo que afirman que debe ser a causa dun mal mantemento. Aseguran que hai numerosas queixas de veciños que non poden ir buscar as garrafas de auga á casa do concello e recalcan que dende o goberno, deberían achegarlle a auga a esa veciñanza que non dispón de medios.


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO