O Psdeg-Psoe de Ourense conmemora o dia internacional das mulleres rurais traballando na implementacion de medidas igualitarias que reforcen e visibilicen o seu papel

A secretaria provincial de Igualdade, Zaida Rodríguez, pon en valor as medidas tomadas dende o goberno neste senso como a aprobación do Real Decreto de Igualdade salarial que rompe a brecha de xénero

Os socialistas recoñecen o traballo valente e innovador das mulleres do sector agrícola, pesqueiro e gandeiro polo seu papel fundamental para rematar co éxodo rural tal e como recollen no seu manifesto.

FESTAS EN RIBADAVIA

 O PSdeG-PSOE de Ourense conmemora o día internacional das mulleres rurais que se celebra o 15 de outubro comprometidos coas mulleres que viven e traballan nas aldeas e vertebran o rural. Os socialistas poñen en valor a execución de “accións concretas” como a aprobación dos Reais Decretos asinados onte polo Goberno para a “igualdade retributiva” e para os “plans de igualdade” os cales supoñen un “enorme avance” no ámbito laboral rematando coa “fenda inxustificable da brecha salarial entre homes e mulleres”.

A secretaria provincial de igualdade dos socialistas ourensáns, Zaida Rodríguez, pon de manifesto a “complexidade das mulleres para desenvolverse no entorno rural” pola súa “dificultade de acceso” a un emprego formal, a “falta de acceso aos recursos”, a “infrarrepresentación na toma de decisións” e o “desequilibrio nos coidados”; nos que a pandemia non fixo máis que acrecentar as brechas, sinala. Rodríguez, recoñece o traballo “valente e innovador” das mulleres do sector agrícola, pesqueiro e gandeiro polo seu “papel fundamental para rematar co éxodo rural”.

O manifesto difundidos polos socialistas pon en valor o traballo desenvolvido polo goberno neste ámbito. Así, dende o seo socialista, traballan para que a ley de Titularidade compartida sexa efectiva e útil; introducindo a perspectiva de xénero na PAC, impulsando axudas destinadas ás asociacións de mulleres rurais para realizar accións de transferencia de coñecemento, asesoramento e divulgación; no ámbito da actividade agroalimentaria e do emprendemento das mulleres rurais reforzando o apoio aos proxectos empresariais e fomentando as medidas específicas orientadas a mulleres en materia de innovación, dixitalización e formación, así como, reforzando o pacto de estado contra a Violencia de Xénero.

Desde o PSOE entenden que a “igualdade real e efectiva” debe abordarse dende unha “dobre perspectiva de xénero e de ruralidade” recoñecendo, visibilizando, mellorando e reforzando o papel fundamental que desempeñan na actividade agraria e no medio rural, tanto como titulares de explotacións agrarias, como emprendedoras de novos modelos de negocio e como integrantes e líderes de empresas, organizacións e cooperativas do medio rural.

Os socialistas presentan a absoluta preocupación polos datos das mulleres no rural, máis aínda nunha provincia co despoboamento rural e o reto demográfico que plantexa Ourense. Así, as mulleres rurais manteñen unha tasa baixa de emprego (49% para as mulleres fronte ao 72,3% para os homes), unida a que de forma maioritaria os contratos son temporais situándose nos rangos salariais inferiores. Ademáis, o grado de participación das mulleres en órganos directivos é moi baixo. No caso das cooperativas agroalimentarias, non supera o 3%, tal e como indica o Ministerio de Agricultura.