Julio Nóvoa, novo director xeral do club CENTED Academy

O CENTED Academy comprácese en anunciar a incorporación de Julio Nóvoa
como novo director xeral do club. A entidade, que compite por primeira vez
nas categorías provinciais do noso fútbol basee, suma á súa estrutura ao
veterano profesional co obxectivo de seguir construíndo un proxecto sólido,
baseado na educación deportiva e integral do xogador. Nóvoa será a máxima
autoridade do equipo presidido por Manu Cerón

Formado na escola CENTED como adestrador, Julio chega ao club co aval da
súa ampla traxectoria. Na actualidade exerce como técnico asistente de Manel
Vázquez no Verín CF, conxunto ao que axudaron a reflotar a pasada tempada
desde Primeira Rexional. Anteriormente, logrou clasificar ao Barbadás para o
play- off polo ascenso, subiu co Arenteiro a Terceira División e conseguiu unha
Copa Deputación co cadro do Carballiño. Tamén figura no seu currículo
un ascenso a Preferente co filial do CD Ourense, con quen gañou

AVANTAR ACTIVIDADES


O novo director xeral do club asume a dirección deportiva do primeiro equipo,
que este curso non puido debutar por mor da suspensión de competicións
polo COVID-19.