Mañá, o concello do Carballiño celebra o pleno de xaneiro. Esta é a orde do día

IES CHAMOSO LAMAS

Mañá mércores, dende as 09:30 horas, o concello do Carballiño celebrará o pleno ordinario deste mes de xaneiro. Para os que queiran seguilo a través da rede, poderán facelo na nosa páxina web.

Entre os puntos da orde do día está a normativa da ordenanza de terrazas e a nova normativa que regula o servizo de conciliación do Bo Día Familia.

HIPER MASIDE

En canto a mocións, todos os grupos coinciden na petición de información relativa á situación do Asilo, polo que as mocións serán debatidas en conxunto e votadas por separado. Espazo Común pide que se cree unha Comisión de Seguimento Municipal.

Os demais grupos da oposición coinciden en pedir transparencia e información, ademais de reclamar que se faga un seguimento periódico no pleno.

O alcalde asegura que a información que puido ofrecer xa a compartiu e que a que correspode ca Xunta está a disposición nos organimos competentes ó tratarse dunha organización privada.

Tamén se inlúe unha moción de Espazo Común sobre a temporalidade dos traballadores municipais. E o Partido Popular, que presentou unha moción relativa a que se leven a cabo accións permanentes para a prevención de condutas aditivas con ou sen substancias. Dende o grupo popular, Lidia Giselle comentou hoxe que presentan esta moción para adiantarse a que remate o convenio actual ca mancomunidade no mes de xuño, e que se tomen medidas para reforzalo, porque consideran que non é suficiente.  

Dende o PP esperan un voto a favor do grupo de goberno, xa que aseguran que este plan urxe implementarse, porque os resultados non se verán ata nun longo prazo.