Maña e ata o próximo domingo 27 comercios liquidan o seu stock con grandes descontos

Dende mañá xoves, o Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza a primeira edición de “STOCK FORA”. Os días 11,12 e 13 de marzo, o comercio local ofrecerá grandes descontos nunha gran variedade de produtos. Un total de 27 establecementos asociados participarán na primeira edición de STOCK FORA. O seu funcionamento tentará ser similar ás Feiras do Stock, aínda que neste caso, cada establecemento permanecerá no seu local. Coma sempre, cumprindo con todas as medidas sanitarias para garantir unhas compras 100% seguras.

Coma sempre, cos tíckets de compra nestes establecementos entrarase no sorteo de 200 € en vales de compra, de 50 euros cada un.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE