O entorno da igrexa da Veracruz sofre sofre actos vandálicos cunhas pintadas

IES CHAMOSO LAMAS

Nas últimas semanas, puidéronse ver numerosos actos de vandalismo, exemplificados a través de pintadas en varios puntos emblemáticos do Carballiño. Entre eles, nos últimos días, aparecían unhas pintadas no cruceiro da eira de Flores, que se estedían a muros e garaxes. Este pasado domingo, aparecía outra mostra, neste caso no entorno da igrexa da Veracruz. Trátase de pintadas con spray con palabras malsoantes. Polo de agora, non se sabe aínda quen ou quenes son os artífices.