Flores de cine remata as súas proxeccións hoxe con “El hombre mosca”

Esta semana comeza cunha nova edición de Flores de cine, o cine ao aire libre que o Cine Club organiza ininterrumpidamente no barrio de Flores dende fai 12 anos, pandemia polo medio e todo. Este ano contan ademais coa colaboración do OUFF. Os días escollidos serán o 12, 13 e 14 (martes, mércores e xoves) de xulo, en horario de 22:30 horas, e o lugar o mesmo que o ano pasado, entre a Bodega e a antiga Canella. O foro está limitado a 50 cadeiras.

Hoxe é a quenda do último filme, un clásico, El hombre mosca, protagonizada por Harold Lloyd, filme que encerra algunhas das escenas máis famosas da historia do cine.

AVANTAR ACTIVIDADES