O evento “Espirito Ribeiro” chegou nesta xornada á Arnoia, cas actuacións da Real Banda de Gaitas e esta noite con Sergio Pazos e Xoan Curiel e Bafana Bafana.
O sábado será en Castrelo de Miño, co Mago Teto, con Natalia Kendra e Amparanoia. O domingo será a quenda de Cenlle, con Ledicia Sola, Festicultores e Broken Peach.
Ademais, o evento inclúe gastronomía con grandes cociñeiros e con viños das adegas e colleiteiros de cada concello, e tamén mercado de produtos de proximidade.
