A Deputación acollerá o arquivo persoal do escritor Xosé Fernández Ferreiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense acollerá o arquivo persoal e a biblioteca –con máis de 6.000 volumes- de Xosé Fernández Ferreiro, escritor e xornalista nacido en Espartedo (Nogueira de Ramuín), académico da Real Academia Galega, falecido en 2015. Toda esta documentación formará parte dos fondos da Deputación de Ourense, arquivados na Biblioteca provincial. A este acordo chegaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o escritor Francisco Xosé Fernández Naval, testamenteiro do autor de A morte dun afiador ou Agosto do 36; e tamén no que atinxe á reivindicación do seu legado e traxectoria profesional e persoal, con diferentes iniciativas nas que xa se está a traballar, como un roteiro literario en Nogueira de Ramuín, concello no que gran parte da súa toponimia atópase na obra do autor. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Manuel Baltar salientou “o compromiso con Galicia de Fernández Ferreiro, deixándonos unha ampla obra na nosa lingua, destacando o seu traballo como narrador, con quince novelas e un libro de relatos, sen dúbida un dos escritores galegos que máis e mellor traballaron este xénero literario”, afirma Baltar. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------