O Carballiño afianza a estabilidade, baixando ata os 18 casos totais

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 28, unha cifra que descende en 5 casos pola evolución de varios concellos, en especial pola capital da comarca.

No Carballiño, hoxe os datos baixan, dos 21 de onte ós 18 casos activos, 3 casos menos.

HIPER MASIDE

Boborás é o concello que lle segue con máis casos, baixando un caso con respecto a onte, para ter 4 casos activos. Ségueo San Cristovo de Cea, que mantén tres casos activos. Irixo, Maside e Punxín contan cun caso activo cada un, no caso de Maside baixando a cifra de onte nun caso activo. Beariz, Piñor e San Amaro están libres de covid.