A venda de pulpo das Xornadas Gastronómicas foi do 10% comparado cunha edición tradicional da festa

Durante toda a pasada semana tíñamos no Carballiño a posibilidade extra de degustar a gastronomía propia do Carballiño, nos lugares autorizados e con todas as garantías de seguridade e as medidas preventivas que se esixen na normativa polo coronavirus. Arredor de 50 locais hostaleiros participaron nestas xornadas ofrecendo distintas elaboracións de pulpo ademais do tradicional pulpo a feira. Deles vinte catro o fixeron tamén durante toda a semana, e quince máis o fixeron a fin de semana.

A maiores as pulpeiras estiveron durante toda a fin de semana, e salientaron que as vendas quedaron moi lonxe do habitual dunha festa do pulpo, aproximadamente un 10%.

AVANTAR ACTIVIDADES

A noite do sábado véspera da Festa do Pulpo sempre foi de moita marcha. Neste ano de coronavirus había preocupación e reforzouse a vixilancia policial e da Guardia Civil. A pesar de que houbo mais afluencia de xente nos bares e locais da vila, dende as autoridades municipales informan de que non houbo incidencias graves e que a gran maioría respectou as medidas de seguridade co uso de mascarillas.

A Policía Local pechaba ás 03:30 horas algúns dos establecementos de ocio nocturno que aínda permanecían abertos e ás 5:30 h practicamente xa non había xente polas rúas e pola mañá os equipos de limpeza co concelleiro Sotelo ó fronte procedían ó baldeo e limpeza das rúas.