Esgótanse nunha mañá as 450 entradas para o xantar no recinto da Festa do Pulpo

IES CHAMOSO LAMAS

A Festa do Pulpo volve ó seu formato tradicional, paralizado pola pandemia durante dous anos, e ademais dunha ampla programación cultural, a vila xa está decorada para o seu gran evento estreando ademais recoñecemento internacional.

Esta mañá puxéronse á venda as entradas para o xantar popular nas oficinas municipais. Nesta mañá esgotáronse as 450 que se puxeron a disposición do público, unha venta que transcorreu con tranquilidade, sen apenas colas de espera.

HIPER MASIDE

O aforo no recinto será de 800 persoas, en lugar das 1.200 previas á pandemia. Unha parte dese aforo resérvase para o dispositivo de seguridade e sanitario, integrado por máis de 100 persoas, así como para as autoridades locais, galegas e nacionais, os patrocinadores e os medios de comunicación, algúns internacionais.

En canto ó propio día da festa, haberá animación e a recepción de autoridades será ás 13:00 horas. Haberá o mesmo número de pulpeiros e postos, coma noutros anos. En canto ó bares, presentáronse so dous locais que estarán nunha zona proposta e acotada para a xuventude, ca finalidade de preservar o control do evento.