Rajoy en Beariz e Cenlle

O presidente de honra do PPdeG en Beariz e Cenlle

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

• O presidente provincial, Manuel Baltar afirmou que a presenza de Mariano Rajoy en Beariz tiña un “significado moi especial”, lembrando que nas autónomicas de 2016 o entón presidente do Goberno visitou Avión, “e neste concello obtivemos a maior porcentaxe de apoio electoral, máis do 88 %”. Agora, a suma de Rajoy e Beariz “ten que dar un resultado extraordinario”.

• Marisol Díaz, cabeza de lista por Ourense, destacou que Feijóo estará listo para gobernar o 13 de xullo e preparar os orzamentos da recuperación, non como en Madrid “pois xa vemos a importancia que lle dan ás contas, presumindo de medidas cando seguimos rexéndonos polos orzamentos de Rajoy”.

O presidente de honra do PPdeG, Mariano rajoy, afirmou hoxe que a actitude do secretario provincial socialista, portavoz na Deputación e no Concello de Ourense, Rodríguez Villarino, “é unha vergoña por ir contra o emprego e a economía das persoas”.

En Beariz e Cenlle, onde os populares ourensáns centraron esta tarde a súa campaña electoral, Mariano Rajoy referiuse así ao boicot do representante socialista ás axudas para autónomos e pemes habilitadas pola Deputación e que xa cobraron miles de solicitantes.

“Teño a sensación de que o dirixente socialista de Ourense está instalado no disparate”. #Ante unha crise sanitaria como a actual, que está a provocar tamén unha crise económica e social sen precedentes, dixo Rajoy, resulta incomprensible “que alguén cuestione a legalidade dunhas axudas que fixa unha institución pública como a Deputación de Ourense, sen que España coñézase un caso semellante”.

“Baltar tomou unha decisión que moitas persoas estaban a esperar, así que mal polo PSOE e ben por ti”, engadiu o expresidente do Goberno.

En clave económica, Rajoy afirmou que “agora toca apostar polas empresas, como fixo a Deputación, e se hai empresas haberá emprego e se non hai traballo non haberá bos servizos públicos”. Así xestiona Feijóo, dixo do candidato popular de Galicia, “que non divide, resolve problemas, fai política sen adoctrinamiento nin sectarismo, aposta pola integración e goberna para todos, vótenlle ou non”.

MANUEL BALTAR: “A SUMA DE RAJOY E BEARIZ TEN QUE DAR UN RESULTADO EXTRAORDINARIO NESTE CONCELLO, O DE MAIOR APOIO ELECTORAL Ao PP”

O presidente provincial, Manuel Baltar, agradeceu as palabras de apoio de Rajoy cara aos autónomos e pemes da provincia, “que nestes momentos de incerteza, como verdadeiros prexudicados pola tolemia de Villarino, poden comprobar que toda a dirección do PP, en Ourense, Galicia e Madrid, está do seu lado e apoiarán as medidas necesarias que adoptemos para acabar con este esperpento”.

Xa en clave política, Baltar afirmou que a presenza de Mariano Rajoy en Beariz tiña un “significado moi especial”, lembrando que nas autónomicas de 2016 o entón presidente do Goberno visitou Avión, “e neste concello obtivemos a maior porcentaxe de apoio electoral, máis do 88 %”.

“Hoxe estamos en Beariz –engadiu- e aquí os populares ourensáns obtivemos as maiores porcentaxes de apoio nas tres últimas eleccións, xenerais de abril e novembro e municipais de 2019”. A suma de Rajoy e Beariz, dixo Baltar, “ten que dar un resultado extraordinario”.
Neste contexto local, Manuel Baltar destacou a incorporación ás listas de persoas como Gabriel Castro, exalcalde de Cenlle –onde tería lugar o segundo mitin da tarde- e José Antonio Armada, ata hai pouco rexedor de Bande.

“A experiencia na xestión local é a mellor escola que vai ter un cargo público, porque é nos concellos onde se practica a política de proximidade, onde se lle pon cara aos problemas dos veciños, onde se coñece o resto das administracións e onde se procuran solucións as vinte e catro horas do día”.

MARISOL DÍAZ: “O 13 DE JULIO FEIJÓO ESTARÁ LISTO PARA GOBERNAR E PREPARAR Os ORZAMENTOS DA RECUPERACIÓN”

Marisol Díaz, que encabeza a lista do Partido Popular por Ourense, apelou nesta xornada de campaña a un novo voto de confianza para Feijóo, “porque o 13 de xullo, sen esperar por ninguén, estará listo para seguir gobernando e preparar os orzamentos da recuperación”. Ningún goberno pode traballar con certeza nin ofrecer solucións aos cidadáns, dixo, “se non conta cun proxecto económico que lle permita facer cousas”.

Case ningún goberno, matizou Díaz , “pois xa vemos a importancia que en Madrid danlle ás contas, presumindo de medidas cando seguimos rexéndonos polos orzamentos de Mariano Rajoy. Se aínda funcionan, despúes dos profundos cambios sufridos nestes meses, “será porque estaban feitos co rigor que só o PP é capaz de darlle á economía do país”.

“A política útil de Feijóo é garantir antes de final do ano un plan económico para 2021, que é o que vai necesitar Galicia e Ourense para anticiparse ás consecuencias desta pandemia, e situar ás persoas como obxectivo prioritario de goberno, non ás idelogías e ocorrencias que agora non lle importan nada á xente”.

Como nestes días ao longo da provincia, Díaz pediu que o 12 de xullo os veciños e veciñas de Beariz e Cenlle “collan a papeleta do PP e vaian votar, coa confianza de que ese día vai estar máis seguro no colexio electoral que en calquera outro sitio”.