As Festas do Portal celebraranse do mércores 7 ao domingo 11 de setembro.

Despois deste duro mes vivido coa crise da seca, Ribadavia poderá gozar das súas festas coa normalidade recuperada.
Desde o Concello propoñen unha programación festiva para todos os públicos e gustos, combinando música contemporánea galega, con algúns dos referentes da escena musical galega, xunto a unha ampla oferta de orquestras. Así mesmo, o público infantil terá unha ampla oferta, sen esquecer o desfile de xigantes e cabezudos, a tirada de fogos o día 8 de setembro, que é festivo local, e unha ampla programación deportiva durante toda a semana con torneos multideportivos.

– CONCERTOS:
SÉS.
GRANDE AMORE.
ADIÓS MANUEL
BANDA TRIBUTO A DIRE STRAITS.

AVANTAR ACTIVIDADES

– ORQUESTRAS: Todos os días haberá actuación de orquestras.

– BANDAS DE MÚSICA POPULAR, ademais da LIRA de Ribadavia, teremos a Banda de Vilaboa e a Banda de Celanova.

– ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS: Actividades infantís, culturais, deportivas, sesións de Djs, destacando actividade de Maxia, co 1º festival máxico, e a visita nocturna teatralizada no Castelo.

– ACTIVIDADES DEPORTIVAS: Ademais das actividades festivas, un ano máis Ribadavia disporá dunha ampla programación deportiva para as Festas do Portal.
Así, desde a concellaría de deportes daselle continuidade ao programa iniciado o ano pasado nas Festas do Portal e que tan boa acollida tivo:

Futbol Sala Feminino.
Mini Balonmán na rúa.
Trofeo Festas do Portal de Futbol.
Baloncesto na rúa 3×3 infantil.
Triangular de Futbol de veteranos.
Torneo de tenis.