O Concello de Boborás informa que un dos nenos que asiste a garderia deu positivo en COVID-19

Dende o Concello de Boborás, nun exercicio total de transparencia, queremos comunicarvos que un dos nenos que asiste ó Punto de Atención á Infancia (gardería) deu positivo en COVID-19.


Dende o momento que coñecemos a noticia por parte da familia afectada, comunicamos os datos e os contactos estreitos o Servizo de Epidemialoxia da Conselleria de Sanidade e activouse ó protocolo correspondente. Avisaronse os pais e as nais dos outros nenos usuarios do servizo da situación, e tanto eles como as dúas traballadoras do centro serán sometidos as probas do PCR.

AVANTAR ACTIVIDADES


A gardería quedará pechada en cuarentena ata o 26 de outubro que volverá abrir.
Pronta recuperación para o neno afectado e moito ánimo.