Podemos presenta unha Moción para a compra de detectores de co2 e mascarillas para os distintos centros educativos de O Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

O Círculo de Podemos no Carballiño ao pleno do Concello de O Carballiño  ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presentamos para a súa votación e aprobación en sesión plenaria a seguinte PROPOSTA

A emerxencia sanitaria a raíz da pandemia por COVID 19 provocou situacións excepcionais que afectan a diferentes eidos, entre eles o referente ao curso escolar nos distintos niveis de estudo. A imposibilidade de impartir as clases presencialmente, supuxo que as distintas comunidades autónomas, como administracións competentes en materia de ensino, tiveran que adaptar a finalización do curso académico ás circunstancias da crise sanitaria e segundo as directrices que se ían consensuando co Ministerio de Educación ou de Universidades.

OZOCOgz Deseño Galego

Según datos da Xunta de Galicia publicados onte, sábado 17 de outubro, o IES nº 1 conta con 9 positivos, seguido do PCR Sagrado Corazón con 7, e positivos no IES Chamoso Lamas, Colexio Calvo Sotelo, Vila do Arenteiro, Escola Infantil Trastes e Escola Infantil do Carballiño.

O inicio de este curso non serviu para implementar todas as medidas precisas que se tiñan que tomar no tocante a prevención. E a situación xeral que se está dando en Ourense, e máis concretamente no concello de O Carballiño é, cando menos, alarmante. Temos a día de hoxe, 178 positivos no noso concello. Un dato que excede sobradamente o máximo que marca a OMS (Organización Mundial da Saúde) nos seus parámetros para confinar concellos de máis de 100.000 habitantes e que pese a que o goberno aumentou dito parámetro a 500 casos por cada 100.000 habitantes, con estes números O Carballiño reflexa uns 1.268 contaxios por cada 100.000 habitantes

Certo é que a mascarilla, o uso de xel hidroalcólico e a distancia son armas fundamentais para evitar contaxios, pero no caso dos centros educativos estas medidas son insuficientes.

En estes casos, onde estamos a falar de ambientes pechados e de concorrencia de xente, temos que falar de aerosois e a súa perigosidade ante a pandemia da COVID-19.

Os aerosois son partículas que están suspendidas no aire. Cando os humanos respiran, falan, cantan, tosen ou esbirran, as gotiñas respiratorias emitidas mestúranse no aire circundante e forman un aerosol. Debido a que as pingas máis grandes caen rapidamente ao chan, os aerosois respiratorios a miúdo descríbense como formados por pingas máis pequenas de menos de 5  micras, ou aproximadamente unha décima parte do ancho dun cabelo humano.

As pingas que son máis pequenas que 5 micras poden permanecer suspendidas no aire durante moitos minutos ata horas porque o efecto do arrastre de aire en relación coa gravidade é grande. Ademais, o contido de auga das pingas portadoras de virus se  evapora mentres están no aire, diminuíndo o seu tamaño. Mesmo se a maior parte do líquido se evapora dunha  gotiña cargada de virus, a  gotiña non desaparece; simplemente vólvese máis pequeno, e canto máis pequena é a pinga, máis tempo permanecerá suspendida no aire. Debido a que as pingas de menor diámetro son máis eficientes para penetrar profundamente no sistema pulmonar, tamén presentan un risco de infección moito maior.

Entón, ¿como podemos protexernos de estes aerosois en interiores, e en este caso nas aulas dos centros educativos?

As concentracións de aerosol pódense reducir cunha maior ventilación, aínda que se debe evitar a recirculación do mesmo aire a menos que o aire póidase filtrar de maneira efectiva antes da súa reutilización. Cando sexa posible, recoméndase abrir portas e xanelas para aumentar o fluxo de aire fresco. En este caso é moi útil a guía da Escola TH Chan de Harvart de Saúde Pública, que se pode consultar no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1_-5OPAmoiSB0oaa4vVUctYy4qVrR1r5q/view

Diminuír o número de fontes de emisión (persoas) dentro dun espazo e garantir que se usen cubertas faciais en todo momento pode diminuír aínda máis os niveis de concentración.

É importante medir a calidade do aire despois de ventilar e durante a ventilación. E o xeito máis doado e seguro é a través de detectores de CO2. Grazas ao coeficiente de concentración de o CO2 no aire pódese saber si a ventilación de calquera aula é a adecuada. Por exemplo, unha concentración elevada de CO2 elevada é indicativa de que o aire que sae dos nosos pulmóns estase a acumular no ambiente e que é preciso unha maior ventilación.

Certas medidas como é a contratación de máis persoal docente, persoal de limpeza, ampliación de espazos ou a aplicación de dobres quendas é algo competencial da Consellería de Educación pertencente á Xunta de Galicia, lévanse xa demandando co silencio como única resposta.

Pero a necesaria ventilación das aulas é unha medida que se pode facer de xeito regular e sin maior risco, co cal e exposto o anteriormente relatado, dende O Círculo de Podemos no Carballiño propoñemos os seguintes

ACORDOS:

1.   Que o Concello de O Carballiño se poña en contacto cos distintos centros educativos de O Carballiño para coñecer a necesidade que teñen estes de precisar detectores de CO2;

2.  Que o Concello de O Carballiño dote de estes detectores de CO2 en aqueles centros dos que non dispoñan de ditas maquinas, e o custe de a compra dos mesmos se cargue ao remanente tesourería, de acordo á suspensión das regras fiscais nos exercicios 2020 e 2021 decretado polo Goberno de España.

3.   Que o Concello de O Carballiño faga a modificación de crédito pertinente para poder facer a compra de mascarillas e xel hidroalcólico suficiente para afrontar con total abastecemento de estes materiais o presente curso escolar os distintos centros educativos do noso concello. A cantidade de ditos productos será acordada a través da consulta que faga a Corporación Local ás distintas ANPAS e claustros educativos dos distintos centros