A Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 36 dispositivos nos municipios de Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín.

HIPER MASIDE

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.