A Consellería de Sanidade anunciaba onte un novo paquete de medidas restritivas, neste caso que afectan a toda a comunidade galega e, en concreto, endurécense nalgunhas zonas. Estas decisións foron tomadas tras constatar o aumento continuado de contaxios. A continuación detallamos as medidas que afectarán a cada zona:
Toda Galicia: ESTABLÉCESE O NIVEL 2 DE AFOROS E MÁXIMO 5 PERSOAS EN GRUPOS
• Redúcese o aforo máximo das reunións de 10 a 5 persoas, salvo convivintes
• Permítese o 50% de ocupación en interior en bares, cafeterías e restaurantes (prohibido servicio en barra) e o 75% de ocupación en terrazas en exterior
• Bodas: aforos permitidos de 100 persoas en exteriores e 50 persoas en interiores
• Velatorios: aforo permitido de 25 persoas en exterior e 10 persoas en interior
• Eventos deportivos: aforo permitido de 150 persoas en exterior e 60 en interior
Santiago e Milladoiro : NIVEL 3 DE AFOROS E GRUPOS DE SO CONVIVINTES
• Prohibidas reunións de persoas non convivintes
• Prohibido o consumo no interior de bares e cafeterías e permítese o 50% de ocupación en terrazas.
• Vodas: aforo permitido de 50 persoas en exterior e 25 en interior
• Velatorios: aforo permitido de 25 persoas en exterior e 10 en interior
• Eventos deportivos: aforo permitido de 75 persoas en exterior e de 30 en interior
• Cines e teatros: aforo permitido de 75 persoas en exteriores e de 30 en interior
Carballiño: NIVEL 3 CON PECHE ACTIVIDADE NON ESENCIAL
• Carballiño, O Irixo e Boborás: Xa están en nivel 3 con reunións so de convivintes e
restricións de mobilidade perimetral no conxunto dos 3 concellos. Mantéñense estas medidas ata novo aviso.
• Acordase manter as medidas neses tres concellos e pechar todas as actividades que
non sexan esenciais (alimentación, médico, estudios), é dicir pechar todo o que sexa
ocio e cultura.
Ourense e Barbadás: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Mantense a situación actual
• Limitación reunións de persoas so convivintes
• Peche perimetral, con limitacións á mobilidade dentro e fora de ambos concellos
Verín, Oimbra e Vilardevós: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Incorporar Oimbra e Vilardevós
• Peche perimetral no conxunto dos 3 concellos
• Reunións só convivintes
• Peche de interior de bares e cafeterías
O Barco
• Segue como estaba, sen variacións nas medidas restritivas