Avantar realiza un roteiro de homenaxe a Manuel María cos mozos de 1º da ESO

Desde a Agrupación Cultural Avantar do Carballiño organizaron para a xornada de hoxe unha programación dentro da súa homenaxe anual a Manuel María, escritor e poeta sempre vinculado a nosa vila. A través do” Roteiro Manuel María” para alumnos de 1º da ESO, fixeron un percorrido polos enclaves na vila do Carballiño onde se poden ver os fitos nos que se escriben os seus poemas  do libro “Cantigueiro do Orcellón”.

Esta ruta estivo destinada a rapaces, que ademais foron lendo poemas e fragmentos da obra en cada un deste lugares nos que se detiveron.

AVANTAR ACTIVIDADES

A causa da pandemia, a asociación mantivo paralizadas as súas actividades. Agora están comezando a retomalas, entre elas tamén a que xa preparan para este sábado, ca súa tradicional “Foliada”, á que todos están invitados.