A Xunta adxudica as obras de reforma do pavimento e instalación de nova iluminación na Ponte Esperela, no concello de Leiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta adxudicou por 333.000 € as obras de instalación de novo alumeado da Ponte Esperela e da súa estrada, así como a renovación do firme deste tramo da estrada autonómica O-209, ao seu paso polo concello de Leiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A intervención, adxudicada á empresa Construcciones y Montajes Eléctricos Santos-Hector, S.L., comezará a realizarse na segunda quincena de maio e terá un prazo de 5 meses.

As actuacións comezarán co desmontaxe e reparación dos parapetos que o requiran, previo á súa reposición con ancoraxe mecánico á peza de cornixa, perfilado e nivelación.

Unha vez colocados e aliñados os parapetos, realizarase un corte horizontal mínimo baixo a cofia para acoller as luminarias lineais e un ensanchamento das xuntas verticais polas que discorrerá o cableado da subministración de iluminación.

A continuación, procederase ao fresado do aglomerado da estrada e á escavación das gabias lonxitudinais e transversais para afastar as canalizacións da subministración eléctrica e das arquetas. As gabias substituiranse por formigón armado que servirá de base para o aglomerado en quente final que se acometerá na calzada.

Nas marxes da calzada haberá canles de recollida de pluviais que serán de granito e que se conectarán especificamente ás gárgolas das cornixas. Colocaranse transversalmente baldosas de granito para albergar as arquetas das caixas de unión estancas que coincidirán cos peiraos da ponte.

O aglomerado da ponte, entre xuntas de baldosas de granito de 50 centímetros de ancho, terá un acabado pulido. O remate dos dous tramos coincidentes cos muros de acompañamento é o de aglomerado en quente. As unións entre os distintos pavimentos resolveranse cunha chapa de aceiro galvanizado de 1 cm de espesor.

Iluminación pública
Este contrato inclúe actuacións para dotar o entorno de alumeado público. Neste caso, o adxudicatario deberá proceder primeiro á execución da conexión e colocación dun cadro de mando nun poste de formigón da rede existente e, posteriormente, realizar a execución das gabias das canalizacións. Os tubos estarán protexidos con formigón onde haxa circulación viaria e realizarase o abastecemento aos persoal cos proxectores para iluminar a calzada da marxe dereita do río e os alzados e bañadores do muro de acompañamento.

A canalización estará protexida con protección aérea-subterránea de cobre ao longo do muro de pedra ata a ponte.

Unha vez rematadas as obras, a entidade local comprométese a asumir a conservación e mantemento das instalacións de iluminación.