Ribeiro en Común pide ó concello medidas anticovid

Ribeiro en Común pediu hoxe na xunta de portavoces que se supenda a actividade prevista para mañá. Reclaman que, ante os datos que presenta o concello, se cancelen todas as actividades previstas. No último mes, o municipio pasou dos 14 casos de coronavirus ós 27 a día de hoxe. A formación pídelle ó goberno local que actúe con precaución e que sexa o primeiro en dar exemplo ós cidadáns.

Modificación Orzamentaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación asegura que hai vixente unha partida de 100.000 euros dispoñible para gasto social. A pesar disto, afirman que o goberno continúa sen investir nin en prevención (por exemplo, compra de mascaras para os nosos escolares) nin en medidas sociais (por exemplo, bono de compra no comercio local e bono social para parados). Todas propostas de Ribeiro en Común que o goberno continúa sen levar a cabo. De feito, o grupo asegura que o goberno ven de anunciar que quere levar ao vindeiro Pleno unha modificación de 61.000 euros desta Partida creada para fins sociais da crise.

Desde Ribeiro en Común consideran moi pouco sensible coa difícil situación social que vivimos que o goberno só propoña destinar 20.000 euros para material de prevención dos traballadores/as, e pola contra afirman que pretende destinar o resto a subvencións nominativas que nada teñen que ver coa crise social e sanitaria que vivimos.

Peticións ao SERGAS.

Ribeiro en Común tamén reclamou no Concello que se lle pida ao SERGAS o reforzo dos servizos sanitarios do Ambulatorio, e sobre todo do servizo de Pediatría. A pesar de telo pedido fai días, desde o goberno local nada fixeron.