O BNG rexeita o ofrecemento do alcalde de recuperar o persoal eventual ao servizo do Grupo Municipal

IES CHAMOSO LAMAS

Así llo comunicou o portavoz nacionalista Luis Seara ao alcalde Gonzalo P. Jácome a través dun escrito remitido no día de onte por rexistro

Segundo o Portavoz do BNG no Concello de Ourense e tal e como reflicte o escrito remitido onte a alcaldía, “ao inicio do mandato, os portavoces dos Grupos municipais acordamos que cada Grupo tivera os medios humanos e materiais necesarios para o desenvolvemento do noso traballo político nas mellores condicións, e en consecuencia, termos, en función do número de concelleiros e concelleiras, un espazo físico no concello e persoal de apoio ao noso labor diario”.

OZOCOgz Deseño Galego

Para Seara, “ese acordo foi mudando ao longo do mandato, beneficiándose delo varios Grupos políticos e sendo o BNG o único que mantivo inalterables as condicións iniciais”.

A formación nacionalista tamén lle transmitiu ao alcalde que “unha vez que se producen abandonos en distintos Grupos, cousa que desde o BNG cuestionamos e cuestionaremos sempre, porque entendemos que a acta é da organización pola que un se presenta, vostede plantexa o debate sobre si os Grupos deben seguir percibindo o mesmo diñeiro”, e engaden, “a posición do BNG foi clara nos sucesivos debates e nas alegacións que presentamos ao acordo de aprobación inicial de modificación da base 41 das Bases de Execución do Orzamento”.

Lembran os nacionalistas que en pleno debate, o alcalde como “castigo” aos que tiñan unha posición distinta, decidiu cesar ás persoas que estaban ao servizo dos Grupos da oposición e agora que recupera as asignacións, “dí que borrón e conta nova, como si nada pasara, e que polo tanto, BNG e PsdeG-PSOE poden recuperar ás persoas que traballaban ao servizo dos Grupos municipais, en virtude ao acordado a principio de mandato”.

Desde o BNG trasladan, e así llo fixeron saber ao alcalde, que NON, GRAZAS. Ao entender que o feito de que os Grupos teñan persoal de confianza, de apoio ao labor das e dos concelleiros, non pode depender da “pataleta ou da magnanimidade” do alcalde de turno.

E conclúen, “isto non é unha prebenda, é un dereito emanado da LRBRL, en consecuencia da vontade do lexislador, que dí, que na medida do posible, e no concello non hai impedimento económico, os Grupos teremos ao noso dispór os medios materiais e humanos suficientes para desenvolver o noso labor coa máxima garantía.

En consecuencia co expresado, o BNG declina o ofrecemento e seguirá traballando como até o de agora.