O Tribunal Supremo ratifica os 16 anos de cárcere para os acusados do crime de “A Esmorga”

Os acusados, durante o proceso xudicial que pon fin con esta ratificación da sentencia.

O Tribunal supremo confirma a condena de 16 anos de cárcere para cada un dos acusados por propinarlle unha paliza a Alexandru Walter no municipio de Boborás en decembro de 2014 e posteriormente depositalo vivo nun canal, provocando que fose arrastrado pola corrente de auga. O Supremo desestima así o recurso dos acusados, Óscar Estévez e Eduardo López, contra a sentencia inicial. Os dous acusados xa se encontran en prisión. Esta declaración ratifica que ós cargos ós que fan fronte os acusados son por asasinato con aleivosía.

Publicidade

A nai da víctima, Constanta Paula Boghiu, amosa a súa satisfacción porque o procedemento xudicial chegase ó seu fin, pero considera que non pode estar conforme cunha sentencia de 16 anos, xa que para unha nai nada poderá compensar a perda dun fillo deste xeito.