O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén reúnese co alcalde de Avión Antonio Montero

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Avión e co alcalde de SandiásEscoitar

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

Reunión co alcalde de Sandiás


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasións, reuniuse co alcalde do Concello de Avión, Antonio Montero e co alcalde do concello de Sandiás, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de Avión, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de abastecemento, deportivos e infraestruturas, entre outros.

No caso de Sandiás, os principais asuntos que repasaron o delegado e rexedor, Felipe Traveso, foron en materia de infraestruturas varias para o concello. O delegado destacou recentes inversións como a mellora da eficiencia enerxética na casa do concello, das infraestruturas do PAI así coma en materia de prevención e defensa contra incendios.


Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------