Boborás traballa para poñer a punto as parroquias durante a desescalada

Comezamos os traballos de limpezas dos parques infantís, entornos de fontes, áreas recreativas. Neste caso en Albarellos, seguindo por todas as parroquias ata completar o Concello.

Tamén iniciamos o arranxo de bancos deteriorados polo paso do tempo. Temos un listado, pero sempre nos podedes avisar de algún do que nos poidamos despistar.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

A alcaldesa que foi visitar os traballos coa concelleira Rosa Pérez, tamén comprobou como están quedando as limpezas de Seaga que se están a facer a través dos convenios coa Xunta das parroquias priorizadas e invita ós veciños de Albarellos e Xurenzás que ainda non están adheridos a que se animen, porque cunhas condicións moi vantaxosas protexemos os pobos e facemos un cordón de seguridade arredor deles, ademais de cumplir a Lei.

Tamén estiveron programando traballos xunto co concelleiro Avelino Prado en Feás. Por último, tamén tivo tempo de conversar con algunhas veciñas de Pereiras ( Xendive) sobre as obras que se levarán a cabo coa brigada municipal acompañada das concelleiras Rosa Pérez e Marina (apellido?).