Aberto o prazo para a instalación de terrazas

ESTE LUNS ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE DE LICENZAS PARA A INSTALACIÓN DE TERRAZAS NA TEMPADA ESTACIONAL 2020

Os locais hostaleiros do Carballiño poderán solicitar as licenzas para a instalación de mesas, cadeiras e tarimas en espazos de dominio público local durante a tempada estacional 2020 a partir deste luns, 10 de febreiro. Este prazo, que é tanto para renovación como para primeira autorización, rematará o día 29 do mesmo mes.

AVANTAR ACTIVIDADES

O período de ocupación para o exercicio 2020 na tempada estacional é dende o 4 de abril ao 31 de outubro de 2020.

Os modelos de solicitudes poden recollerse no departamento de Servizos Públicos, no Rexistro xeral do Concello ou ben descargarse da páxina web do concello (www.carballino.gal) dentro do portal de transparencia/normativa/ordenanzas e regulamentos.

A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da ordenanza municipal reguladora pola ocupación de dominio público local, e presentarase no Rexistro xeral do Concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No Carballiño hai arredor de cen locais hostaleiros, dos cales o 60% solen solicitar a instalación de terrazas durante a primavera e o verán, mentres que o 40% restante as solicitan para todo o ano. Así mesmo, na tempada estacional, o número de mesas que se solicitan é algo máis de 350.