O avance da COVID-19 na nosa comarca e o novo estado de alarma decretado hoxe no Consello de Ministros polo goberno central, fai que a situación que teñamos que afrontar sexa difícil.
As medidas restritivas buscan frear os contaxios e así evitar a saturación sanitaria que xa vivimos nos meses de abril e maio.
Dada esta situación dende o Círculo de Podemos no Carballiño queremos solicitar primeiramente, que o grupo de goberno municipal valore a reactivación do protocolo de asistencia domiciliaria posto en marcha en marzo.
PUBLICIDADE
Dito protocolo garantía o subministro alimentario e de productos farmacéuticos ás persoas maiores que vivían soas e a outras persoas con dificultade de mobilidade.
De esta vez, se debería incluír en este grupo de persoas beneficiarias ás persoas positivas e asintomáticas en COVID que non teñan a quen acudir para dispoñer de ditos subministros que deben gardar confinamento.
Por outra parte queremos tamén solicitarlle ao grupo de goberno municipal que, por favor, lea e interprete correctamente a orde de 21 octubre de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada del COVID-19 en las comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Terra de Celanova, Valdeorras y Verín, en la provincia de Ourense.
Na páxina 26 de dita orde (pag. 42071) se recolle o anexo II que decreta as actividades non esenciais que pechan temporalmente nos concellos de O Carballiño, O Irixo e Boborás, máis concretamente no punto II.7 fai referencia as actividades de restauración.
Eso si, no parágrafo seguinte di expresamente:
“Los establecimientos de restauración permanecerán cerrados al público y podrán prestar exclusivamente servicios de entrega a domicilio o para su recogida en el
local y con sumo a domicilio. La permanencia en estos establecimientos deberá ser la estrictamente necesaria. En todo caso, se evitarán aglomeraciones y se controlará
que consumidores y empleados mantengan la distancia de
seguridad establecida a
fin
de evitar posibles contagios.”
O cal, permite a calquera establecemento que se adique a actividade de restauración a prestar servizo de entrega a domicilio ou para recollida no local e consumo a domicilio.
Polo tanto solicitamos ao grupo de goberno se deixe de advertir aos negocios que están levando a cabo este servizo que non poden facelo porque incumpren a lei.
E para refrescarlle a memoria aos nosos responsables municipais de que é ou que non é un establecemento dedicado á actividade de restauración, lle remitimos á mesma orde do 21 de outubro ao punto III.2.5 do anexo II denominado Establecementos de restauración onde se nomea a restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.
Eso si, por si tivesen dúbidas ao respecto e coa clasificación de establecementos de hostelería que fai dita orde non o ven claro, tamén poden consultar a Lei 7/2011, do
27 de outubro, de Turismo de Galicia, máis concretamente o seu artigo 77 onde se clasifican as empresas de restauración:
“Artículo 77 Clasificación
Las empresas de restauración se clasifican en los siguientes grupos:
a) Grupo I: restaurantes. b) Grupo II: cafeterías.
c) Grupo III: bares.”
A situación que atravesamos é complicada, e dende as administracións o que teñen que facer é axudar e facilitar o cumprimento das normativas, non dificultar e facer que todo sexa máis difícil para a veciñanza.
Estamos a falar do emprego, do sustento de moitas familias. Que interpretacións erróneas non dificulten máis as cousas.