Luz Casal recibe o premio Celanova, Casa dos Poetas, pola traxectoria exemplar dunha “auténtica referente”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado Pablo Pérez participou esta mañá en Celanova na homenaxe á artista galega

Ourense, 4 de setembro de 2022.- Luz Casal recibiu esta mañá en Celanova o premio Celanova, Casa dos Poetas, como recoñecemento a “catro décadas de traxectoria profesional que constrúen a unha icona da música, da igualdade, da vida, da ética e de Galicia”, sinalou o deputado Pablo Pérez nun acto no que tamén interviron o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o xornalista Xaime Noguerol.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa intervención no acto de entrega da XXXVIII edición do premio Celanova, Casa dos Poetas, organizado pola Fundación Curros Enríquez, Pablo Pérez resaltou o percorrido profesional de Luz Casal antes de sinalar que, máis aló disto, a artista, “unha galega universal”, é unha “absoluta referencia pola súa profundidade vital e o seu compromiso coas súas raíces, con fitos como a organización do Festival da Luz”. 

O acto, que foi conducido por José María Paz Gago, comezou cunha ofrenda floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro e contou coa intervención musical do grupo de gaitas de Celanova e Deja Blues. 

Saúdos,