Adxudicado o cambio do sistema lumínico da Avenida 25 de Xullo e Corzos por importe de 100.000 euros

O concello do Carballiño acaba de adxudicar o proxecto do cambio do sistema lumínico da Avenida 25 de xullo, así como da Rúa Telleira e da Travesía Fonte Barreiros, en Corzos. A adxudicación realizouse por un importe de 100.672 euros.

Este proxecto conta cuha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que aporta o 80% mentres que o 20% restante lle corresponde ao concello do Carballiño. Asimesmo, houbo que asinar un convenio co concello de Maside, debido a que a zona de Corzos atópase nas lindes de ambos termos municipais.

AVANTAR ACTIVIDADES

O novo sistema lumínico da Avenida 25 de Xullo suporá volver a poñer en funcionamento as dúas luminarias que ten cada farola, xa que, debido ao gasto enerxético, só estaban en funcionamento as luminarias que dan á calzada, pero non as que dan ás beirarrúas.

Son, en total, 178 puntos de luz, cunha potencia total de 30.763,2 watios.

Este proxecto, no que se utilizarán luminarias led e outros elementos de última teconoloxía, enmárcase no Plan de Eficiencia Enerxética posto en marcha polo concello nestes últimos anos, e que supón un aforro considerable no consumo de enerxía.

 OUTROS CAMBIOS

Así, téñense realizado cambios do sistema de iluminación pública no barrio de Toscaña, nas rúas  Xullo R. Soto, Conde Vallellano, Ourense, Martínez Avellanosa, Otero Pedrayo, Galicia e Calviño, ademáis de no polígono industrial e no parque empresarial, entre outras.