O concello rehabilita o forno comunal de Mouriz

Continuando coa mellora das infraestruturas viarias no medio rural, a brigada municipal de obras executa estes días o proxecto de ensanche da calzada da rua Mesón, en Seoane, cubrindo con cemento as marxes e cunetas desta rúa que ata agora eran de terra.

Asimesmo, a brigada realiza traballos de consolidación do antigo forno comunal de Mouriz, que se atopaba en perigo de derrube, pois as paredes son de cascotes que, nalgúns puntos, hai tempo que comezaron a ceder, co conseguinte risco de derrubarse.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta rehabilitación enmárcase na política de conservar nas mellores condicións posibles e valorizar o patrimonio etnográfico do municipio, que conta con numerosas construcións de interese nas parroquias do Carballiño.