Os test de Covid seran obrigatorios en 2ªB e Terceira División

A Real Federación Española de Fútbol introduxo novos mecanismos de reforzo no seu protocolo de actuación ante a covid-19. Os xogadores do ámbito non profesional deben pasar os test todas as semanas sempre que haxa xornadas de competición e cada 14 días sempre que haxa competicións non semanais. Calquera xogador que non pasara os test obrigatorios neses prazos, non poderá disputar un partido oficial das categorías do ámbito estatal e que un equipo que non conseguira o mínimo de xogadores que pasaran os test obrigatorios, o partido daríase por perdido.

Publicidade

Estas medidas entrarán en vigor para todas as categorías na xornada dos días 14 e 15 de novembro, cando será preciso declarar ante o árbitro correspondente o cumprimento de pasar os test.