Sanidade establece un protocolo para celebrar o Día de Defuntos

IES CHAMOSO LAMAS

A Consellería de Samidade limita a catro persoas do mesmo grupo familiar de conviventes e a 30 minutos máximo as visitas ós cemiterios na próxima festividade de Tódolos Santos e Defuntos. A Xunta recomenda ampliar os horarios de apertura dos cemiterios para espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, especialmente nos casos nos que se proceda á limpeza dos nichos. Pídese respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de superficie do recinto e que haxa un control para evitar os agrupamentos.

De ser posible, recomendase que se indique unha porta de entrada e unha de saída diferentes e que se controle a aglomeración de persoas nos aparcamentos.

HIPER MASIDE

O párroco do Carballiño informaba esta semana dos horarios de misa que se celebrarán este sábado e domingo. As misas nos templos parroquiais terán o aforo limitado ó 50% e o Obispado xa anunciou a cancelación de todas as celebracións nos cemiterios.

O domingo, día de Tódolos Santos, as miras terán o seguinte horarios: ás 09:00 horas en San Cibrao; ás 10:00 horas en Señorín e en Sagra; ás 11:15 horas en Partovia e na Veracruz; ás 12:30 horas na Veracruz e en Banga; ás 16:00 horas en Señorín; ás 17:00 horas en Señorín e en Cabanelas e ás 19:00 horas na Veracruz.

O luns, día de Fieles Defuntos, as misas serán: ás 09:00 horas en San Cibrao; ás 10:00 horas en Señorín; ás 11:15 horas en Partovia; ás 17:00 horas en Sagra e ás 19:00 horas na Veracruz.