Galicia supera os 9.000 casos activos, con Vigo coma principal foco hoxe

Nas últimas 24 horas rexistráronse 173 casos activos novos na comunidade galega de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 9.292, unha cifra que non se alcanzou na primeira ola de marzo, xa que nunca se superaran os 7.000 casos activos. Hoxe hai 77 (+3) persoas na UCI e 923 (+9) falecementos. Os elevados números de contaxios deste último mes xa se deixan ver nos centros hospitalarios, que fan fronte a unha presión asistencial cada vez maior. A zona de Vigo é a máis afectada destes últimos días.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras os contaxios diarios repuntan, pasando dos 25 de onte, a mellor cifra de Galicia, ós 87 que suma hoxe. A detección destes casos rompe ca boa tendencia dos últimos días, e nótase tamén nos casos activos, que soben en 23 ata os 1.299. Nesta xornada, mantense a vista posta nos hospitais, xa que pasase dos 75 ós 80 ingresados en planta e a UCI baixa dos 17 ós 16 ingresados. Os falecementos suman catro persoas na última xornada, o que eleva a cifra total ata os 240.

AVANTAR ACTIVIDADES

O comité clínico reúnese de novo na xornada de mañá martes. A reunión do venres era unha cita ineludible pola fin de semana de festexos relacionada co día de Todos os Santos. Mañá revisaranse as restricións de 15 municipios ourensáns. Si ben é certo que Ourense descende a súa curva, Sanidade xa alertou da presión asistencial hospitalaria. A cidade enfróntase hoxe a un mes de restricións en canto a reunións con persoas conviventes e nos próximos días fará tamén un mes dende que se pechou perimetralmente.

Os municipios de Ourense, Barbadás, Ribadavia, Carballiño e Verín permanecen en alerta 3, a máis alta, pola incidencia das últimas semanas; Xinzo e Allariz están en nivel 2; Cea, San Cibrao, Celanova, Trasmirás, Monterrei, A Rúa e Viana do Bolo en nivel 1.

A pesar da mellora no Carballiño, o alcalde cree que non se´ria prudente un levantamento das restricións aínda.