A oposición de Cenlle critica o peche temporal do ambulatorio de Barbantes

Na actual situación sanitaria, a oposición critica que o goberno de Cenlle decida pechar o centro de saúde de Barbantes. Aseguran que é unha irresponsabilidade xa que terá como consecuencia a saturación do único centro de saúde que quedara en todo o concello, situado en Cenlle. Aseguran que esta situación aumentaría a saturación de veciños no centro sanitario, multiplicando os riscos de contaxio e deixando á poboación desamparada ante a ausencia de transporte público para poder desprazarse ao mesmo.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que este é outro golpe mortal ao rural e culpan a Alberto Núñez Feijóo e a Consellería de Sanidade de recortar de xeito indiscriminado recursos médicos no rural. Denuncia o voceiro socialista que durante o bipartito Cenlle contaba con dous médicos, pero dende xa fai uns anos e coa chegada do PP a Xunta de Galicia reduciuse a un, que ademais debe repartir as súas horas entre os dous centros médicos.  Os socialistas denuncian que está situación prexudicial para a veciñanza e que está causando moito malestar.

AVANTAR ACTIVIDADES