O Carballiño segue no descenso de casos, cun total de 78, 6 menos ca onte

coronavirus

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 74, son 6 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bo camiño tras 12 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Asilo do Carballiño rexistrase un brote que afecta a 9 persoas, 6 usuarios e 3 traballadoras, todos eles asintomáticos  a espera dun novo cribado.

Boborás tamén descende nesta xornada, pasando dos 15 de onte ós 14 de hoxe. Tamén baixan o concello de Maside, que pasa dos 3 ós 2 casos activos; Piñor, que pasa dos 7 ós 6 casos; Punxín, que pasa de 3 a 2 casos e San Cristovo de Cea, que pasa de 13 a 12 casos.

Pola contra, mantéñense en Beariz, con 3 casos activos; no Irixo, con dous casos activos e en San Amaro, con 2 casos activos.