Retransmisión do Pleno telemático no Carballiño

Publicidade ASPADISI

O concello do Carballiño celebrará dende as 09:00 horas de hoxe venres unha sesión plenaria telemática, que poderán seguir coma sempre dende Badal Novas. Entre os puntos da orde do día hai unha modificación de crédito que ascende a 790.000 euros. Entre as partidas que inclúe esa modificación destacan o apoio a entidades sociais coma Cáritas e Cruz Vermella; unha liña de axudas ó comercio por 300.000 euros; 300.000 euros en melloras e reformas que se encargarán a empresas locais para traballos en entidades municipais e 50.000 euros de gasto sanitario. 

HIPER MASIDE

Ademais, a oposición presentou varias mocións de control. O PP pide solicitar á Xunta apoio económico ante as restricións e o ingreso do IVE non liquidado do ano 2017; Espazo Común pide medidas de protección fronte á Covid en espazos pechados, persoal para o Grupo de Emerxencias Municipal e reprobar ós responsables da perda ferroviaria; o BNG pide a reactivación da asistencia sanitaria presencial e pregunta sobre a mina de litio.