O pleno aproba unha liña de axudas de 790.000 no pleno desta mañá

O concello do Carballiño celebrou esta mañá un pleno telemático na súa totalidade, evitando a confluencia dos membros da corporación. Entre os puntos da orde do día hai unha modificación de crédito que ascende a 790.000 euros.

Publicidade

A oposición mostra o seu total acordo en facilitar as axudas ós veciños, pero cren que hai falla de información nos documentos desta proposta, ademais de non coincidir con que sexa o momento oportuno de investir en determinadas obras, porque este gasto do remanente consideran que é para paliar a situación da covid. Tamén criticaron que a primeira liña de axudas, prometida en abril e aprobada en pleno, aínda non chegou ós veciños. Polos desacordos ca forma de actuar, o BNG e Espazo Común abstivéronse e o PP deu o seu voto a favor, pero recordando que esta non era a forma correcta de facer as cousas.

Ademais, a oposición presentou varias mocións de control. O BNG pedía a reactivación da asistencia presencial sanitaria. O desbordamento do servizo fai que a asistencia telefónica teña carencias. Esta moción contou co voto a favor de toda a cámara a excepción do Partido Popular.

En canto á moción de Espazo Común de incrementar o grupo de emerxencias municipal, a unanimidade do pleno está a favor e o concello levará a pleno a modificación que incluirá este servizo coma esencial e que permitirá ter unha bolsa de emprego.