Datos de hoxe sábado 7 de afectación da epidemia de Covid-19:
Ribadavia: 77 casos activos entre 5.024 habitantes.
O Carballiño: 59 casos activos entre 14.027 habitantes.
O alcalde de Ribadavia non pode limitarse a seguir exercendo de mero delegado de Núñez Feijóo no noso concello
Esto é todo o que podemos coñecer calquera de nós: o número de casos activos. E trátase dos peores datos dende o comezo da pandemia e son moito máis graves cos dos concellos vecinos.
Quen dispón de toda a información para tomar decisións é a Xunta, que hai só tres días, este mércores, decidiu manter a situación tal e como estaba, con distintas restriccións en Ourense, Barbadás ou O Carballiño que en Ribadavia.
Cando non se anticipan medidas, os problemas acaban chegando igual, pero custa xa moito máis atallalos e hai que acabar impoñendo restricións máis duras. Diante desta grave situación no noso concello, é hora de que quen as ten, asuma as súas responsabilidades e tome decisións.
PUBLICIDADE

Dende o BNG vimos solicitando diante do Concello de Ribadavia que se leven a cabo medidas que poderían ter axudado, entre outras:
– Axuda para ás familias a adquisición de máscaras e outros material de protección para uso o alumnado dende o comezo do curso escolar (7 de setembro)
– Axuda ás ANPAs para adquirir material de prevención de contaxios nos colexios (22 de outubro)
– Información sobre a pertinencia de manter a celebración da feira quincenal (21 de outubro)
– Instalación de equipos de ventilación nos edificios públicos dependentes do Concello (5 de novembro)


