Entre os veciños de Doade, no concello de Beariz, hai preocupación e alarma dende que seu a coñecer a próxima explotación dun espazo duns 12 quilómetros de terreo para una mina de extracción de litio e minerais enerxéticos. Dende que se soubo que unha empresa de Zaragoza tiña os dereitos de execución do proxecto e algunhas das consecuencias que tería para a zona, os veciños sentíronse alarmados. Neste sentido, apoiando estas peticións, o BNG de numerosas zonas tanto do Carballiño, do Ribeiro e de Ourense, levaron este tema ó Parlamento Galego para pedir información. Un dos veciños que amosou a súa preocupación, Victor Gil,  cóntanos cales son os seus temores.

Por outro lado, tamén destacan a falla de información que din que rodea este proxecto. Aseguran que por parte da empresa só houbo comunicación ca comunidade de montes de Doade.

O que solicitan é que, coma noutros proxectos similares, a Xunta pida un informe de impacto medioambiental, que certifique que as accións que se levarán a cabo non danan o espazo natural.