Polo Día das Letras Galegas o concello homenaxea a Xela Arias

A Concellería de Educación do concello do Carballiño que dirixe a concelleira Lupe Sobrado descubriu hoxe un mural na Praza da Mina dedicado a Xela Arias.

Publicidade

O 17 de Maio ás 19:00 horas na Insua dos Poetas está programado “musicando versos por Xela Arias”, a cargo de  Quico Valeiras e Rochi Nóvoa, a ritmo de jazz coa banda 4 Mal Quartet Jazz. Organizado pola Fundación Insua dos Poetas e incluido na programación da Rede de Auditorios Provinciais da Deputación de Ourense.