O paro rexistrado en Ourense en novembro de 2019, era de 18.537 persoas inscritas. En abril deste ano, a cifra aumentou ata as 20.689. En tan só seis meses, o incremento foi de 2.152 parados, un ascenso do 11,61%).
A esta escalofriante cifra, habería que lle sumar as 18.488 persoas incluídas nalgún dos 4.330 ERTEs vixentes a data 15 de xuño, máis os 5.858 que perciben algunha prestación asistencial, e 706 coa Renda Activa de Inserción. Total, 45.741 persoas que perciben prestacións. Ao que lle habería que sumar outras preto de 10.000 que non perciben prestación algunha.
Se nos detemos a avaliar o número de traballadores afectados por ERTEs, en comparación coa provincia de Lugo, observamos o seguinte:
-Lugo ten un total de 78.855 cotizantes no Réxime Xeral, dos que 15.641 están afectados por ERTE.
-Ourense, con 72.680 cotizantes (preto do 8% menos que Lugo) ten a 18.488 persoas afectadas por ERTE (2.847 máis que Lugo).

En canto ao gasto en prestacións, apuntar o dato de que só nas prestacións contributivas, a nómina mensual pasou de 3.347.309,72 € en novembro de 2019, a 19.963.109,80 € en abril de 2020, un incremento de máis de 16,5 M de euros, que supón practicamente o 500%.
Estamos xa comprobando que coa saída do estado de alarma, o Expedientes de Regulación de Emprego volven asomar como se dunha segunda ondeada se tratara, tal e como advertimos desde a CIG ao comezo da declaración do mesmo. As empresas que manteñen os ERTEs por causa de forza maior, xa prorrogados ata o 30 de xuño, están agardando unha nova prórroga por parte do Goberno