O Grupo Municipal Socialista expresa o seu apoio á deportista Raquel Carrera e agarda a súa pronta recuperación

O Grupo Municipal Socialista quere expresar o seu apoio e cariño, así como desexar unha pronta recuperación á deportista ourensá, Raquel Carrera, pívot do Valencia Basket e da Selección Española e canterana do Clube Baloncesto Pabellón Feminino da nosa cidade, que sufriu unha lesión no partido de cuartos da Copa da Raíña e confirma unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, o que provocará a súa ausencia nos vindeiros Xogos Olímpicos.

Ánimo e forza, Raquel!

AVANTAR ACTIVIDADES

“Agardamos a súa pronta recuperación e estamos seguros de que volverá con máis forza, se cabe, para seguir facendo historia no mundo do baloncesto e queremos transmitirlle todo o ánimo e o noso apoio” subliñou Natalia G. Benéitez, voceira do GMS e representante do GMS no Consello Municipal de Deportes.

Chamada a marcar unha época no mundo do baloncesto, debutou coas categorías inferiores da Selección Española no mundial U16 con 14 anos. Profesional dende os 17, a xoven xogadora foi elexida no posto 15 do Draft da WNBA polas Atlanta Dream, sendo, ata o momento, a española que obtivo a mellor posición. A súas compañeiras de equipo e adestradores destacan, ademáis da súa calidade táctica e técnica, o seu compromiso e valores e o seu eterno soriso.

Agora toca empezar a conta atrás para a súa recuperación e trasladar todo o noso apoio e cariño a unha referente para a nosa cidade, para o deporte e o mundo do baloncesto.