Boborás consegue a apertura de Abanca de luns a venres pola mañá

A partir do xoves 6 de agosto a oficina de Abanca situada en Boborás abrirá de luns a venres en horario de 8 a 11 h, e no caso dos martes e o xoves en horario de tarde baixo cita previa.

Esta información trasladoulla o xefe territorial de Abanca en Ourense á alcaldesa de Boborás, xa que a mesma o mércores mantivera unha reunion cos responsables, logo de manifestarlle en reiteradas ocasións o malestar pola reducción do horario afectando ós veciños. A proposta que fixeran nese momento era abrir a diario pero de 11.30 a 14.30 o que alcaldesa lle solicitou a apertura no horario previo a antes do Covid, pero en vista que non daban opción propúxolles que mellor a primeira hora para facer coincidir sobre todo coas persoas que veñen nas liñas do autobús.

AVANTAR ACTIVIDADES